Coñecendo a Paul Klee
18.00€ (IVE incluído)
Coñecendo a Paul Klee
Un libro de actividades onde se recollen doce obras de arte que fan un percorrido polas obras máis coñecidas do artista Paul Klee, un amante da música e do arte, un profesor da Bauhaus, unha escola de arte e deseño en Alemaña que aspiraba a mudar a forma de crear arte e facela máis accesible. Neste libro poderás coñecer sobre a súa vida e descubrir detalles da súa obra, mentres te divirtes pintando e coloreando a túa propia versión das obras.
Descrición técnica do libro:
21,5 x 25cm
36 páxinas
Tapa Blanda
ISBN 9788412320015
Description
Libro colorear Paul Klee
Coñece a Paul Klee e divírtete coloreando as súas obras con este libro!
Libro para aprender e pintar obras de Paul Klee: un libro para colorear sobre o artista Paul Klee onde poderás atopar: nunha páxina unha ilustración da obra orixinal, coa que poderás aprender datos e curiosidades sobre a vida e obra do artista; e na páxina seguinte unha versión da obra de Paul Klee en branco con liñas negras para que colorees ou pintes a túa propia versión do cadro. Ao final do libro, poderás facer actividades extras para reforzar as túas habilidades artísticas como facía Klee.
12 obras = 36 páxinas cheas de cor, información e arte.
Un libro para colorear, pintar e aprender sobre Paul Klee, recomendado para:
- Especialmente deseñado para nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade, que senten curiosidade polo mundo da arte. Unha oportunidade de coñecer dun modo didáctico e divertido artistas de referencia da historia do arte.
Tamén está altamente recomendado para:
- Adultos con altas doses de xuventude e que queiran descubrir ao artista que levan dentro.
- Persoas que lles guste relaxarse cun libro para colorear ou pintar (arte-terapia).
- Persoas de calquera idade que queiran pasalo ben un anaco lendo, coloreando ou pintando!
Podes COLOREAR
- As súas páxinas están preparadas para os teus lapis de cores ou ceras.
Podes PINTAR
- Si! As páxinas son resistentes ás acuarelas, témperas e rotuladores. Non te preocupes, as tintas non traspasan ás seguintes páxinas!
Podes APRENDER
- Os textos foron redactados pensando en nenos de 6 a 12 anos. Trátase dunha información moi selectiva e relevante, podes aprender sobre a vida de Paul Klee e datos curiosos sobre as súas obras. Nas derradeiras páxinas atoparás unhas actividades para poñer en práctica as túas habilidades artísticas.
Additional information
Idioma | Castelhano, Galego AGAL, Galego RAG, Inglés |
---|