Super Pack 40: Libro Cubismo + Bolsa + Camiseta

40.00 (IVE incluído)

Coa compra deste pack axúdasnos a impulsar este proxecto editorial e a continuar ca edición dos próximos libros, que están xa na fase de desenvolvemento.

Este pack inclúe:

  • Libro Cubismo, o primeiro dos cinco libros da colección raposeira: EU NAS VANGARDAS.
  • Bolsa Raposeira 100% algodón e resistente de 145gr/m2. Medidas: 36×40 cm (aprox.)
  • Camiseta Raposeira 100% algodón.

Coñece o cubismo a través de doce obras pictóricas de diferentes artistas: Luís Seoane, Pablo Picasso, Diego Rivera, Marevna, entre outros. Nunha páxina atoparás unha ilustración da obra orixinal, coa que poderás aprender datos sobre cada obra e sobre o seu autor ou autora; na páxina seguinte atoparás unha versión da obra cubista en branco con liñas negras para que colorees ou pintes a túa propia versión do cadro. Ao final do libro, atoparás algunhas actividades extras para reforzar as túas habilidades artísticas sobre o cubismo.

Envío de balde!

Description

Pack 40: Libro Cubismo + Bolsa + Camiseta

¡Colabora co noso super pack 40!

Precisamos da túa colaboración para impulsar este proxecto.

Presentámosche o Super Pack 40: Libro Cubismo + Bolsa + Camiseta. Creamos estes packs especiais para impulsar a prevenda do noso primeiro libro para colorear e aprender sobre cubismo, da colección: EU NAS VANGARDAS

Este pack inclúe:

  • Libro Cubismo: o primeiro dos cinco libros da colección raposeira: EU NAS VANGARDAS. Nesta edición recóllense 12 obras cubistas de homes e mulleres que destacaron neste movemento artístico do cubismo. Autores coma: Luís Seoane, Pablo Picasso, María Blanchard, Georges Braque, Marevna, Diego Rivera, Dorrit Black e Juan Gris.
  • Bolsa Raposeira 100% algodón e resistente.
  • Camiseta Raposeira 100% algodón.

Dentro do libro poderás atopar, nunha páxina unha ilustración da obra orixinal, coa que poderás aprender datos sobre cada obra e sobre o seu autor; e na páxina seguinte unha versión da obra cubista en branco con liñas negras para que colorees ou pintes a túa propia versión do cadro. Ao final do libro, poderás facer actividades extras para reforzar as túas habilidades artísticas sobre o cubismo.

8 artistas + 12 obras = 36 páxinas cheas de cor, información e arte.

Un libro para colorear, pintar e aprender recomendado para:

  • Especialmente deseñado para nenos e nenas de 8 a 12 anos de idade, que senten curiosidade polo mundo da arte. Unha oportunidade de coñecer dun modo didáctico e divertido, os referentes do cubismo e as súas obras máis relevantes.

Tamén está altamente recomendado para:

  • Adultos con altas doses de xuventude e que queiran descubrir ao artista que levan dentro.
  • Persoas que lles guste relaxarse cun libro para colorear ou pintar (arte-terapia).
  • Persoas de calquera idade que queiran pasalo ben un anaco lendo, coloreando ou pintando!

 

Podes COLOREAR

  • As súas páxinas están preparadas para os teus lapis de cores ou ceras.

Podes PINTAR

  • Si! As páxinas son resistentes ás acuarelas, témperas e rotuladores. Non te preocupes, as tintas non traspasan ás seguintes páxinas!

Podes APRENDER

  • Os textos foron redactados pensando en nenos de 8 a 12 anos. Trátase dunha información moi selectiva e relevante, podes aprender sobre o movemento artístico do cubismo, datos curiosos sobre as obras ou dos seus autores. Nas derradeiras páxinas atoparás unhas actividades para poñer en práctica a realización do teu propio bodegón ou retrato e que o firmes como un artista.

Additional information

Idioma

Castelhano, Galego AGAL, Galego RAG

Tallas

M, L, XL, XXL