QUE SIGNIFICA RAPOSEIRA?
RAPOSEIRAS EDITORIAL é un selo editorial de libros de actividades que naceu no 2020, durante o confinamento pola pandemia do Covid-19. Todo comezou pola nosa paixón polo deseño, a ilustración e a lectura e a nosa inquietude por crear contido didáctico e informativo en diferentes linguas para os nenos e nenas.
Queremos contribuír na educación das novas xeracións, fortalecer os seus coñecementos sobre referentes culturais e estimular a súa curiosidade polo mundo que lles arrodea.
Para conseguir o noso obxectivo, creamos as coleccións de libros de actividades raposeiras, cunha combinación de contidos informativos e didácticos. Así, os nenos e nenas poderán deixar voar a súa imaxinación e aprender dun modo máis entretido.
Apostamos pola creación de libros de actividades artísticas para aprender sobre pintura, música, fotografía, escritores e moito máis.
O EQUIPO RAPOSEIRAS
Somos un equipo novo interesado nos diferentes campos artísticos: ilustración, deseño, historia da arte, música, fotografía, cine… Cada unha aporta a súa experiencia nos diferentes campos para facer as coleccións de libros de actividades que están por chegar.