PRESENTAMOS
COÑECENDO A PAUL KLEE
SOMOS MÁIS CA UNHA EDITORIAL
RAPOSEIRAS nace coa misión de contribuír na educación das novas xeracións, fortalecer os seus coñecementos en canto a referentes culturais e estimular a súa curiosidade polo mundo que lles arrodea.
Pero isto non son só libros para nenos e nenas, tamén teñen o propósito de que nais e pais, mestres e adultos atopen un espazo en común para inspirarse, interesarse pola arte e incluílo na súa vida diaria.
EDICIÓNS EN DIFERENTES LINGUAS
O noso interese pola edición en diferentes linguas baséase no actual contexto de diglosia. Temos un compromiso co noso idioma, e defendemos a posibilidade de atopar material didáctico e cultural nas diferentes normas do galego, en castelán e en inglés.
Ilustración: Carla Areán
"Eu desexaria unhas primaveras nas que florescese sen receios a unidade e variedade do noso idioma e da nosa cultura".
Carvalho Calero
Apostamos polo binormativismo
Porque cremos na necesidade de normalizar unha situación que é unha realidade hoxe en día.
Cremos que o galego internacional e o galego RAG deben convivir en igualdade, para iso é preciso a formación e a divulgación da norma AGAL, así coma a súa oficialidade.
Por esta realidade, desde Raposeiras Editorial apostamos por contribuír na divulgación de material didáctico e cultural nas dúas normas.
"Eu desexaria unhas primaveras nas que florescese sen receios a unidade e variedade do noso idioma e da nosa cultura".
Carvalho Calero
UN PROXECTO QUE PRECISA DE TI
Co teu apoio impulsaremos as nosas primeiras edicións de libros de actividades.
E permitiranos continuar traballando nos próximos volumes.
Ollo! Que xa temos outras coleccións que están por vir! Mentres, podes apoiarnos cos nosos produtos raposeiros!