Coñecendo a Paul Klee

18.00 (IVE incluído)

Coñecendo a Paul Klee

Un libro de actividades onde se recollen doce obras de arte que fan un percorrido polas obras máis coñecidas do artista Paul Klee, un amante da música e do arte, un profesor da Bauhaus, unha escola de arte e deseño en Alemaña que aspiraba a mudar a forma de crear arte e facela máis accesible. Neste libro poderás coñecer sobre a súa vida e descubrir detalles da súa obra, mentres te divirtes pintando e coloreando a túa propia versión das obras.

Descrición técnica do libro:
21,5 x 25cm
36 páxinas
Tapa Blanda
ISBN 9788412320015

Descripción

Libro colorear Paul Klee

Coñece a Paul Klee e divírtete coloreando as súas obras con este libro!

Libro para aprender e pintar obras de Paul Klee: un libro para colorear sobre o artista Paul Klee onde poderás atopar: nunha páxina unha ilustración da obra orixinal, coa que poderás aprender datos e curiosidades sobre a vida e obra do artista; e na páxina seguinte unha versión da obra de Paul Klee en branco con liñas negras para que colorees ou pintes a túa propia versión do cadro. Ao final do libro, poderás facer actividades extras para reforzar as túas habilidades artísticas como facía Klee.

12 obras = 36 páxinas cheas de cor, información e arte.

Un libro para colorear, pintar e aprender sobre Paul Klee, recomendado para:

  • Especialmente deseñado para nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade, que senten curiosidade polo mundo da arte. Unha oportunidade de coñecer dun modo didáctico e divertido artistas de referencia da historia do arte.

Tamén está altamente recomendado para:

  • Adultos con altas doses de xuventude e que queiran descubrir ao artista que levan dentro.
  • Persoas que lles guste relaxarse cun libro para colorear ou pintar (arte-terapia).
  • Persoas de calquera idade que queiran pasalo ben un anaco lendo, coloreando ou pintando!

Podes COLOREAR

  • As súas páxinas están preparadas para os teus lapis de cores ou ceras.

Podes PINTAR

  • Si! As páxinas son resistentes ás acuarelas, témperas e rotuladores. Non te preocupes, as tintas non traspasan ás seguintes páxinas!

Podes APRENDER

  • Os textos foron redactados pensando en nenos de 6 a 12 anos. Trátase dunha información moi selectiva e relevante, podes aprender sobre a vida de Paul Klee e datos curiosos sobre as súas obras. Nas derradeiras páxinas atoparás unhas actividades para poñer en práctica as túas habilidades artísticas.

Información adicional

Idioma

Castelán, Galego AGAL, Galego RAG, Inglés

Coñecendo a Paul Klee
18.00 (IVE incluído)